ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Camiño de Santiago de xeito virtual. A cátedra de lingua galega da Universidade da Habana en Cuba levou a cabo un proxecto de achegamento á ruta a Santiago de Compostela. Prepararon unhas maquetas de monumentos relevantes ao longo do camiño. A andaina remata diante dunha reprodución en papel maché do pórtico da Gloria.
Vestidos de peregrinos e con gaitas, alumnos e alumnas da Universidade realizaron o seu particular camiño. O pórtico da gloria, a fachada do Obradoiro e o botafumeiro son elementos relevantes para a Universidade da Habana . A directora da cátedra de Cultura Galega Arantxa Fernández Crespo explicaba hai un ano en Radio Fene Radiofusión o cometido docente desa entidade. Divulgar a cultura galega entre estudantes da Historia da Arte.
O obxectivo da cátedra é a promoción das investigacións da relación entre a cultura galega e a cubana. Tamén axudar aos investigadores e impartir na Facultade de Letras da Habana clases de cultura, lingua e literatura galega. A cultura, o patrimonio, o románico, o Camiño de Santiago son algunhas das liñas que atende na actualidade a cátedra dirixida por Fernández Crespo. O traballo de recreación do Camiño de Santiago pode contemplarse na rede no enderezo https://youtu.be/8QFx3Lny5fo
Comentarios
Moitas grazas, RadioDifusion
Publica o teu comentario agora