ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene organiza unha peregrinación a Santiago de Compostela en cinco fins de semana. Percorreráse o camiño do norde, saindo desde Vilalba. Realizaráse cada sábado un tramo. A chegada a Compostela coincidirá co 9 de maio.
A primeira etapa cubriráse o sábado 10 de abril entre Vilalba e Baamonde. O 17 de abril iráse de Baamonde á Braña. O 24 realizaráse o traxecto entre Braña e Sobrado. O 1 de maio camiñaráse desde Sobrado ao Pino, e o 8 de maio iráse do Pino ao Monte do Gozo. Os participantes poderán durmir no albergue do Monte do Gozo e o domingo 9 de maio realizaráse a última etapa ata finalizar na catedral de Santiago. As saidas realizaránse todos os sábados ás 8,30 da mañá desde a Praza do Concello de Fene. A cota a abonar ascende a 50 euros para todo o camiño, 20,55 € a xornada dun dia e 41,10 a de dous dias. As inscricións na Avenida Naturais de Fene, 44 entrechán ou no teléfono 981 340366, entre as 9,30 e as 13,30 do mediodia.