O camiño feito

O camiño feito
28 de Xuño, 2022 - 11:23 h. | Publicada por Radio Fene

Logo da publicación de A Terra Infinita, chega Terra e Mar, o segundo poemario de Manuel Cendán. O escritor naronés define o seu primeiro libro como “un parto difícil” mentres que para o seu novo traballo o camiño xa estaba feito.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe Corral

Cendán asegura que somos o que soñamos pero tamén o camiño que facemos. A través dos poemas de Terra e Mar, o autor relata as súas vivencias e amor envolto en diferentes símbolos naturais cobra unha especial importancia. Este xoves, no club de lectura de Radiofusión coñeceremos os segredos dunha obra na que os problemas sociais de Ferrolterra toman forma de verso.

Cultura

Publica o teu comentario agora