O campamento de vran de Fene cumplirá os 25 anos perto de Redondela

O campamento de vran de Fene cumplirá os 25 anos perto de Redondela

27 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O campamento municipal de Fene celebra as bodas de prata, 25 anos.  Fornelos de Montes, unha localidade de Pontevedra cercana a Redondela, será o destino do XXV campamento municipal de vran de Fene. Ata o mes de xuño non abre o prazo de inscripción pero a concelleira de Deportes, Carmen Silvar, adiantounos como é o lugar. Tratase dunha granxa escola, cunhas instalacións fabulosas

Fene dispón de 70 prazas, 35 en cada quenda, do 13 ao 19 de xullo a primeira e do 19 ao 25 a segunda. O prezo total do campamento será de 225 € por neno. A presentación do campamento para pais e nenos faráse na Casa da Cultura de Fene o dia 17 de xuño. Despois abriráse o prazo de inscripción. O recinto de Fornelos de Montes conta con moitas actividades, amais das propias da granxa escola, podese practicar piraguismo, andar en quats, rocódromo, etc… 

Antes do campamento hai que pechar as escolas deportivas municipais de Fene. O pavillón a Xunqueira acolle ese fin de curso deportivo o sabado, con exhibicións, non de todas, pero sí de boa parte das escolas. Ao final todos os alumnose alumnas recibirán un agasallo antes de poñer o broche a este curso escolar cunha festa. As exhibicións de minibasket, aerobic infantil e de adultos, bailes de salón, xudo e karate, desenvolveranse durante toda a mañán dende as 10,30 ata as 13,30. No exterior do pavillón realizaranse graffittis.  

Sociedade