ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Janice López debutou contra a representante do club Maniotas, amosando a súa valía ao gañar por un claro 5-0, resultado que a levou directamente á final, que disputou contra a deportista do Couto. A pesar de dominar o combate, o resultado final foi de empate, tendo que ir a punto de ouro, no cal se decidiu a vitoria final de Janice, que se proclamou Campioa galega infantil por terceiro ano.
Pola súa banda, David Ansede saltou ao tatami contra o representante do Suh, gañando
o primeiro asalto por 4-1 e o segundo por un definitivo 10-1. na final emparexouse contra o deportista do Couto, co que xa se enfrontara no campionato cadete promesas, e viuse sorprendido por un opoñente moi distinto, que
a accedeu con firmeza ao combate, o que impediu que David acadase o ouro. Ansede cedeu o primeiro asalto por 3-1 e finalizou cun 2-7.
Outros resultados positivos foron os bronces dos deportistas do Jansu de Vilalba Cristian Prado, en menos de 31 quilos, Iago Prado en menos de 30; e Brais Pena en menos de 40. En feminino cabe destacar o segundo posto de Elena Casanova en menos de 47 quilos.