O Cancioneiro de Dorothé

O Cancioneiro de Dorothé
20 de Novembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Ata os anos 80 as mulleres quedaban fóra dos escenarios das agrupacións folclóricas se non era para bailaren. A partir desa data comezaron a incluírse mulleres cantareiras. Neste sentido, destaca Xacarandaina, da Coruña, e Cantigas e Agarimos de Compostela.

ESCOITA O PODCAST:

Sexto episodio do podcast "As mulleres transmitiron o saber. Cantares e cantareiras" 

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/201125MULLER.mp3

 

O gran traballo de recolleita da tradición cantada galega chegaría nos anos 70 e 80, co xa mencionado Cancioneiro, de Dorothé, quen en 1984 viu editada pola Fundación Barrié de la Maza esta obra en sete volumes, dunhas 2940 páxinas que recollen 1802 melodías. Antes da chegada de Dorothé, o musicólogo norteamericano Alan Lomax e a súa axudante Jeanette Bell pasaron uns meses en Galicia entre 1952 e 1953 e recolleron cantos tradicionais e tiraron numerosas fotografías. Algunhas das súas gravacións publicábanse en discos sobre o folclore de diversas rexións do mundo, entre as que figura unha peza gravada en Nogueira de Ramuín ao afiador José María Rodríguez, quen, co seu chifro (unha especie de asubío) interpretou o que despois se coñeceu como a “Alborada de Vigo”. O músico de jazz Miles Davis inspirouse nesta gravación para compoñer o seu tema The Pan pipper.

Unha produción de Emisoras Municipais Galegas coa colaboración da Deputación da Coruña 

Na imaxe, Tereixa Novo. (Fotografía: XanXe)

 

Cultura

Publica o teu comentario agora