O Cantón de Molíns seguinte parada de A Banda nos Barrios

O Cantón de Molíns seguinte parada de A Banda nos Barrios

14 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O programa “A banda nos barrios” de Ferrol efectuará este sábado a súa vindeira parada. A Banda Ferrolá de Música tocará na Praza da Constitución á 1 da tarde e nesa actuación, interpretarán temas como “La del manojo de rosas” ou “Las vísperas sicilianas”.

A concelleira de cultura, Mercedes Carbajales lembrou que este programa de “A banda nos barrios” ten por obxectivo descentralizar a cultura e achegala ao maior número de cidadáns. Por este motivo, a banda de música xa actou ao longo deste mes nalgúns barrios ferroláns . Este sábado é a quenda do Cantón de Molíns. As vindeiras actuacións terán lugar o sábado 22 en Ultramar e o 29 de agosto en Esteiro. A banda ofrecerá un repertorio distinto en cada destino, polo que, os que así o desexen, poden ir a tódolos concertos.

Sociedade