O capo Mariscal achégase á Coruña da man de Manuel Rivas

O capo Mariscal achégase á Coruña da man de Manuel Rivas

29 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Tras o éxito nacional e internacional de “Los libros arden mal” (seleccionado para o Prix Medicis en lingua extranxeira e para o premio France Culture-Télérama, Premio Nacional da Crítica en galego 2006, Premio dos libreiros, Premio Cálamo), Manuel Rivas regresa á novela con  “Todo es silencio”. Unha historia con trama de novela negra, pero coa particularidade da literatura de Rivas, qu

Unha semana despois da publicación en Alfaguara de "Todo es silencio”, o Fnac de A Coruña  trae a Manuel Rivas para presentar, en primeira persoa, a súa arelada nova novela e celebrar a espectacular acollida da obra pola crítica e público. O Premio Nacional de Literatura ofrecerá aos lectores coruñeses unha presentación en formato único: O propio Rivas lerá pasaxes da súa novela e intercambiará impresións cos asistentes , ademais de firmar autógrafos e intercalar lecturas con música en directo.  

“Todo es silencio” narra o irresistible ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que él domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo no que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanta forza que estiveron moi perto de controlar o poder social e as institucións. Na obra, o destino dun grupo de amigos, aos que lles une desde a nenez, a búsqueda de restos de naufraxios nos mares de Galicia, estará determinado pola sombra odiosa e, fascinante á vez, do ominipresente Mariscal. 

Una novela que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extrano espírito da condición humana. Manuel Rivas presentará “Todo es silencio”, ás sete e media da tarde, no Fnac de A Coruña.

Cultura