ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
As redes sociais eran en principio para manter comunicación coas amizades e ampliar o círculo de persoas coñecidas. Pero agora equipos de psicologos deseñan o seu carácter aditivo. Queren que permanezas cando máis tempo sexa posible na rede, porque así coñecen máis datos para facer ofertas publicitarias ou ideolóxicas. As plataformas dixitais deseñan contidos que nunca teñen final. Por iso nos manteñen cada vez máis tempo enganchados, segundo explica o psicólogo José Barcia Tuccelli.

O psicólogo Jose Barcia Tuccelli falou na Fenestra de Radio Fene das redes sociais. Cando algo é de balde, gratis, o produto somos nós. As plataformas dixitais fan negocio cos nosos datos.
As redes sociais enganchan debido a un deseño baseado na psicoloxía condutual que busca reter aos usuarios para monetizar os seus datos persoais, segundo explica o psicólogo José Barcia Tuchelli en Radio Fene. Este comportamento compulsivo permite ás plataformas recopilar información detallada para influír no consumo e na opinión política, convertendo ao usuario no produto final.
Publica o teu comentario agora