ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A segunda proposta expositiva da serie Cara a Cara inaugúrase este serán , ás 20:30 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol. Os artistas Juan Sobrino e Ladislau da Regueira tomarán o relevo de Eduardo Hermida e González Collado, que protagonizaron a primeira exposición deste ciclo que pretende establecer diálogos artísticos entre diferentes artistas ferroláns. Estes son seleccionados de dous en dous e entre eles existe unha diferenci
Deste xeito, preténdese recoller un diálogo -ás veces amistoso, ás veces enfrontado- entre a obra de recoñecidos artistas plásticos que teñen en común ter nacido en Ferrol e, como condición, pertencer a dúas xeracións distintas.
O Cara a Cara que se inaugura esta tarde poderase visitar ata o vindeiro 14 de maio de luns a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas. Por unha banda, amosa parte da obra artística de Ladislau da Regueira (Ferrol, 1964), quen en 1982 iniciou estudos de Artes Plásticas e Comunicación Visual baixo a dirección de Grzegorz Ferber e desde 1989 adícase profesionalmente ao mundo artístico -desde 2007 traballa na súa “Doxografía da'xistência”-. As obras que presenta nesta exposición foron realizados en diferentes anos (2004, 2007, 2010...) e están creadas con materiais variados como plásticos, metais, madeiras, papeis ou textil. Entre estas, “Parelha multi-racial mediterranea”, “Pura Glória Parisina”, “Anjo da Anunciaçao” ou “Cupido”.
Pola súa banda, Juan Sobrino (Ferrol, 1943) presenta óleos en lenzo como “Confusión”, “Eleición”, “Dinamismo” ou “Determinación”, así como obras realizadas en pastel en papel - “Cactus. Obra figurativa”, “Cactus. Detalle abstracto: luz e sombra” ou “Estudo Duplo: Ledicia+Luz”, entre moitas outras.
Juan Sobrino iniciou estudos de artes plásticas en 2002 baixo a dirección de Ladislau da Regueira e en 2007 conságrase na búsqueda de linguaxes coas que indagar as relacións establecidas na trioloxía Alma-Luz-Cor. Actualmente traballa sobre principios próximos á Abstracción Racional.