ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O antroido marchóu, non de todo, pero foise na maior parte dos lugares. Entre queimas do meco e enterros da sardiña a xente dille adeus ao carnaval. Mañá venres Ferrol celebra un novo dia de disfraces no barrio de Ultramar.
O Antón de Fene ardeu sobre o Cádavo non sen antes deixar o testamento ben repartido. Case todos os concelleiros do goberno municipal teñen o seu. Por suposto o alcalde fenés non se librou de comandas como esta:
“Quédame aínda o alcalde, de Irisarri es un clonado. Sigues pasos da Sestayo, chegarás a deputado”. Tampouco o anterior, Rivera Arnoso:
“Coas tuas boas relacións, preto da xubilación, que mellor choio para ti, que ter unha “relación”.
En fín que centos de `persoas xuntáronse na praza do concello de Fene no mércores de cinza para despedir o antroido, coas comparsas, coas mascaritas, coa lucería e coa verbena dos Satélites. Pero aínda quedan festas esta fin de semana. No centro social de Fene teñen o venres un xantar-baile de antroido. ((Arroz con xiba e carne ao caldeiro con postres de antroido, conforman o menú a 9€)) As 5,30 comezará o baile de disfraces co duo Contraste. Haberá agasallos para todos os participantes. Para o sábado celebrarán baile de entroido para nenos e para adultos no local social de Esmelle en Ferrol.