ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Por cuarto ano consecutivo, o casco histórico da vila de Melide será o escenario da IV Festa dos Xogos tradicionais. O vindeiro venres, 20 de agosto, de 12 do mediodía a dúas e media da tarde todas as prazas da vila de Melide converteranse en espazos de xogo, recuperando a súa tradicional función como lugares onde desde sempre se xogou. Na Praza do Convento poderase correr coas carrilanas, na Praza das Coles tirarase á chave, na Praza do Pozo Peque
O evento, incluído nas Festas de San Roque da vila e organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, conta co apoio do Concello de Melide e da Sociedade de Pesca Deportiva Ponte Mazaira. Na programación da Festa inclúese o IV Campionato de Tirapedras da Galiza Central, unha proba que se celebrará este xoves, 19 de agosto, a partir das 12 da mañá, na Praza do Convento. Cada tirador/a deberá realizar dous lanzamentos sobre cada unha das tres dianas móbiles que servirán de branco. A distinta puntuación que outorga o acerto sobre cada branco, atendendo á súa dificultade, será a que determine a clasificación final.
Como novidade da presente edición, inclúense exhibicións de lanzamento de peóns minúsculos ( como buxainas ou trompos), construídos con croias de aceitunas, bugallos ou pinas. Outras das novidades será a celebración do I Campionato de lanzamento de bólas (canicas), para contribuír á recuperación do xogo con bólas, entre os cales destacou sempre na Terra de Melide a modalidade coñecida como gua.
Páxina web: www.agxpt.org