ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"O caso da Fonsagrada é excepcional pola investigación realizada e polas coplas" afirmou a profesora da Universidade de Oviedo Carmen Garcia. Aldara Palmeiro e Adrián Mëndez, do grupo De Ninghures interpretaron o "Romance do Comandante Moreno" nun acto cheo de emoción na Casa da Cultura da localidade. Quedou inaugurada a mostra sobre a recuperación da memoria histórica.
"Nas cantinas e nas festas dos roxós cantábanse as coplas do Comandante Moreno" afirmaron algúns dos asistentes á xornada no coloquio establecido arredor da matanza do Acevo acaecida en outubro de 1937 cando os golpistas acabaron coa vida dos compoñentes do Batallón Galicia cando se dirixían á Coruña. Que facemos agora coas coplas? preguntouse a profesora Noelia Bueno que puxo en marcha a iniciativa "Memoria oral na Fonsagrada. As coplas do comandante Moreno". "Non coñezo outro caso no Estado español no que se manteña a lembranza duns sucesos como a matanza do Acevo a través dunhas coplas de transmisión oral" manifestou Carmen García. No acto tamén interveu o historiador Eliseo Fernandez quen cualificou o romance como "un documento excepcional". Os oradores coincidiron en destacar o valor enorme de toda a poboación que transmitiu as coplas. "Cada unha das trinta entrevistas realizadas arredor deste proxecto foi emocionante" concluíu Noelia Bueno.
Recuperación
Entre outubro de 2007 e marzo de 2008 a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica recupero os corpos das persoas que foran asasinadas no porto do Acevo na Fonsagrada en outubro de 1937. As mortes de Jose Moreno Torres e dos seus compañeiros non estaban documentadas oficialmente e a maioría dos seus fammiliares perdera a pista do seu paradoiro desde o golpe de estado de 1936. A exhumación dos combatentes do Batallón Galicia, foi facilitada pola conservación na memoria popular do "Romance do Comandante Moreno", unha composición popular que se fixera a raíz dos luctuosos sucesos do Acevo.
Publica o teu comentario agora