O caso Diego Novo

O caso Diego Novo

01 de Xaneiro, 2008 - 12:00 h. | Publicada por

 

A titular do Xulgado do Penal Número 5 da Coruña condenou a un ano e medio de prisión ao socorrista e á monitora do colexio Liceo A Paz pola morte na piscina do pequeno Diego Novo acaecida en marzo do 2009. Na mesma sentenza, agora recurrida,  absólvese ao cinco responsables do centro que tamén foron xulgados por un delito de homicidio por imprudencia. Os únicos condenados non ingresaron no cárcere, pois a pena foi inferior a dous anos e carecían de antecedentes. A xuíza exculpou na sentenza aos responsables do centro, pois estimou que as medidas de seguridade, así como o protocolo de actuación do persoal de natación se axustaban á normativa vixente.

 

O trinta de marzo de dous mil nove

Ese día fatídico Diego Novo morreu afogado na piscina do Colexio Liceo A Paz, na Coruña. O suceso produciuse cando o menor se atopaba realizando unhai das actividades programadas na área de Educación Física do citado centro.

Segundo informou daquela o servizo de urxencias 061, o centro avisoulles sobre as 10.40 horas de que un neno se afogara  na piscina do colexio. Ao lugar, chegou pouco despois unha ambulancia medicalizada, que se atopou ao neno inconsciente e sen respiración. A pesar de que lle practicaron manobras de reanimación, xa non puideron facer nada pola súa vida.

Sociedade