ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O castelo honesto -torres do Oeste- foi unha gran fortaleza levantada por Afonso V e o bispo Cresconio para defenderse dos ataques dos piratas no século X. Servía de refuxio en tempos duros ao bispo de Santiago e aos seus coengos. Segundo Ramón Otero Pedrayo na súa Guía de Galicia, aquí debeu nacer Xelmirez.
As torres quedan hoxe reducidas a febles fantasmas arquitectónicos, pero ainda amosan esquinais fortes e fan un efecto de estampa romántica a través das arbores fluviais. Segundo Álvaro Cunqueiro, as torres vixian o río Ulla e "xa avizoraban nos maios do ano mil a baixada dos normandos depredadores. Ao chegar á ría de Arousa, o río Ulla ten que afacerse á luz, poñendose un pano de bruma nos ollos. Recolleo ao pasar ao pé da casa na que morreu Rosalía, que llo regala o río Sar".
Precisamente Rosalía fixo un sentido poema aos restos da fortaleza, incluido en Follas Novas:
(...)
¡Ou Torres d´Oeste!
Tan soyas e mudas
C´a vos atentaches
a miña tristura.
Ningun triste vaya
cabo de vos nunca.
(...)
Publica o teu comentario agora