O celme dos teus figos

O celme dos teus figos
03 de Maio, 2021 - 12:22 h. | Publicada por Radio Fene

Perlío nome que soa cal pérola sobre vidro, Perlío, nome tan doce como o celme dos teus figos. Son versos incluídos no poemario de Ricardo Carvalho Calero O trevo das catro follas. Os versos compuxéronse en 1944, nunha situación na que Carvalho Calero non podía publicar nada en galego. A ditadura só permitía cancións populares e iso explica que el fixera ese poemario. Ademais el foi sempre un gran amante da cultura popular. O profesor Martinho Montero recorda que publicou un libro de contos populares galegos da provincia de Lugo, cando dirixía o colexio Fingoi. 

ESCOITA O PODCAST:
Martinho Montero Santalha en Radio Fene

Carvalho é un poeta culto. As veces é difícil moverse na súa poesía polas referencias á mitoloxía clásica e á historia da literatura. Fai falla unha lectura comentada e explicada, se non é difícil moverse. "En cambio no Trevo das catro follas non iso non se precisa" apunta Montero. 

"Fomos do Peón da Pedra,

por Limodre ao San Martiño.

Polo moito que falamos,

trabucamos o camiño".

 

Ese é outro dos versos incluídos nesta obra, “O treboa das catro follas” de Ricardo Carvalho Calero. 

 

Fotografía Xan Xe Corral: Martinho Montero Santalha en Radio Fene

Cultura

Publica o teu comentario agora