ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O barrio ferrolán de Caranza denuncia a situación "insostenible" do seu Centro de Saúde onde faltan profesionais cada día. Son varias as asociacións que fan público hoxe o descontento do barrio. Asociacions do Barrio de Caranza como a Asociación López Bouza, Asociación de Mulleres Barrio de Caranza e a Asociación Cultural Ti mais Eu, denuncian a situación do Centro de Saúde de Caranza onde se vive unha grave falta
Actualmente, afirman, non existe este servizo polas tardes e ás veces tampoucio pola mañá así que os usuarios e usuarias deben desprazarse ao servizo de Urxencias do Arquitecto Marcide. Os usuarios quéixanse de que en Medicina Xeral ocurre outro tanto do mesmo, derivando aos enfermos a outras consultas, coa conseguinte masificación e longos tempos de espera. Por iso reivindican un Centro de Saúde acorde ás necesidades do barrio. E que, en vez de recortar persoal, o amplíen, tentando dar un servizo de Urxencias as 24 horas.