O Centro Efa Piñeiral de Arzúa dedica a semana a homenaxear á muller

O Centro Efa Piñeiral de Arzúa dedica a semana a homenaxear á muller

09 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

“A contribución da muller na historia”, así se titula a conferencia coa que ás doce do mediodía de hoxe o Centro Efa Piñeiral vai inaugurar unha serie de charlas informativas en conmemoración co Día Internacional da Muller. Este primeiro acto contará coa presenza de Gloria Solé, escritora e profesora da Universidade de Navarra, especializada n

Mañá martes, ás tres da tarde, terá lugar unha mesa redonda na que se presentarán unha serie de iniciativas de autoemprego. Estará guiada por un grupo de antigas alumnas do centro. O mércores as responsables do Servizo Banco do Tempo da Oficina de Información á Muller achegaranse ao centro para explicar as finalidades da súa actividade. Xa de cara o xoves, o cooperativismo e o asociacionismo serán os eixos dunha mesa redonda que conducirán as coordinadoras Mari Carme Espiñeira e Rosa Leis.

Xa como remate, o venres ás once da mañá haberá unha charla sobre a muller e a familia centrada en testemuños sobre conciliación de vida profesional e familiar en situacións normais e extraordinarias. Desde Efa Piñeiral de Arzúa animan a todas as persoas a que asistan a estas charlas que teñen como finalidade sensibilizar á sociedade da situación laboral, económica e mesmo social da muller no tempo que nos toca vivir.

Sociedade