ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os mariñeiros do cerco cumpren xa dous meses co seu campamento reivindicativo ante a Xunta de Galicia. Reclaman que se cambie a actual repartición de cotas, baseado en criterios históricos, por outro máis xusto. Así o confirmou un portavoz de Acerga, a asociación maioritaria do cerco galego. Os mariñeiros pasaron a Noiteboa e o Nadal xunto cos seus fillos e familiares. Esperan que o goberno autónomo concrete as novas cotas para os barcos.
Ademais, o sector ten previsto publicar un vídeo nas redes sociais de apoio ao cerco galego.
A asociación Acerga decidiu continuar co campamento fronte á Xunta de Galicia tal e como acordaron en asemblea tras manter esta semana unha reunión coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, e co resto do sector. Na devandita reunión, que terá continuidade noutro encontro esta semana, o sector do cerco logrou achegar posturas por primeira vez en moito tempo para tratar de lograr un mínimo de cota para os barcos novos ou que carecen de históricos.