O CGAC expande a súa ollada cara África

O CGAC expande a súa ollada cara África

17 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Afro Modern. Journeys Through the Black Atlantic é a primeira exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea que analiza en profundidade a repercusión que tiveron nas disciplinas artísticas do noso tempo as diferentes culturas negras de todo o Atlántico desde 1909 até os nosos días. Empezando polo rastro da arte africana na expresión modernista de artistas como Picasso, e acabando coa obra de artistas contemporáneos como Coco Fusco, El

A mostra, inspirada no influinte libro de Paul Gilory The Black Atlantic: Modernity and Double Consciousness (1993) e organizada pola Tate Liverpool, está comisariada por Tanya Barson e Peter Gorschlüter. Na mostra atópanse numerosos artistas representados como Romare Bearden, Constantin Brancusi, Edward Burra, Renée Cox, Aaron Douglas, Walker Evans, Ellen Gallagher, David Hammons, Isaac Julien, Wifredo Lam, Jacob Lawrence, Norman Lewis. Glenn Ligon, Ronal Mody, Wangechi Mutu, Uche Okeke, Pablo Picasso, Keith Piper e Tracey Rose, que serven de base á Afro Modern.

Cultura