O charanguista andino, candidato a mellor mural do mundo

O charanguista andino, candidato a mellor mural do mundo
09 de Xaneiro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Charanguista andino, obra de Cristóbal Persona pintada en Fene no marco do Perla Mural Fest é a única obra de Galicia que compite para o mellor mural do mundo de 2024. Con dezasete metros de altura e ensimismado na súa música, impresiona a todos os viaxeiros. Ocupa un edificio enteiro, en fronte da escola de Chamoso, iniciativa educativa que tamén veu de América.

Fotografia Xan Xe

Da primeira edición do Perla Mural Fest xa xurdiu en 2023 o mellor mural do mundo, obra do artista Sfhir. Fene volve estar presente este ano con O Charanguista andino, unha obra que o artista chileno Cristobal Persona realizou para a segunda edición do evento. Este mural, situado no número 29 da Porta do Sol, é o único aspirante de Galicia. Tamén optan ao premio dúas obras realizadas polos artistas galegos Tirso Paz, Bubblegum e Diego AS. Pintaron os murais en Cheste (Pais Valenciá) e Linares (Andalucía). A votación estará aberta ata o 25 de xaneiro.Pódese votar en www.streetartcities.com

 

Fotografía Xan Xe

 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora