ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A xestión co ciclo urbano da auga e os diferentes modelos de saneamento e depuración analisanse nunha Xornada da Auga organizada por Enxeñería sen Fronteiras. Media ducia de expertos ofrecerán as súas palestras o vindeiro sábado 29 na Universidade de Santiago de Compostela.
As Xornadas Galegas da Auga xorden coa vontade de ser un espazo de encontro do sector público e organizacións da sociedade civil, no que se debata e reflexione sobre as diferentes vertentes que engloban á xestión do ciclo integral da auga.
Dende Galiza acudirán diferentes colectivos ecoloxistas (entre eles ADEGA), plataformas, sindicatos e asociacións veciñais, que abordan os diferentes conflictos en torno a auga, así como a entidade pública Augas de Galicia.
O espazo consistirá nunha xornada que abordará os aspectos técnicos sobre a xestión do ciclo urbano da auga e os modelos alternativos de saneamento, durante a mañá.
Durante a tarde levaranse a cabo dúas mesas redondas que expoñerán as diferentes vertentes nos conflictos que conforman o movemento galego pola auga e as experiencias nos procesos de remunicipalización dos servizos de abastecemento e saneamento.
As xornadas terán lugar o día 29 de marzo, no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería, no Campus Vida da USC (Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida), e están cofinanciadas por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.