O Cidade de Narón busca a fortaleza

O Cidade de Narón busca a fortaleza

20 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Coa baixa de Unai, lesionado nun xeonllo, o Cidade de Narón recibe mañá sábado ao Porto de Celeiro Viveiro. Os naroneses son 5º con 41 puntos na Primeira Nacional A do fútbol sala. Mantendo a súa fortaleza na casa aspiran a competir no remate da Liga polos primeiros postos.

O adestrador do Narón Fernando Maroño indica que o rival merece todo o respeto , a pesar de figurar nos postos de descenso (15º con 20 puntos). No que resta de Liga o Cidade de Narón recibirá no pavillón da Gándara aos equipos de arriba, polo que haberá que xogar o todo polo todo. Pero antes o equipo non se pode descoidar diante de rivais que fixeron menos puntos ata o momento. Entre adestradores e xogadores, xa é un clásico dicir que hai que ir partido a partido.

 

O partido entre o Cidade de Narón e o Porto de Celeiro Viveiro comezará mañá sábado ás 6,30 da tarde no pavillón da Gándara en Narón.

Deportes