O CIM de Arzúa organiza unha charla sobre as relacións de parentesco e un curso de cociña para homes

O CIM de Arzúa organiza unha charla sobre as relacións de parentesco e un curso de cociña para homes

12 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Centro de Información á Muller do Concello de Arzúa (CIM) ten organizada unha charla-conferencia para este venres ás oito da tarde no Recinto Feiral Terra do Queixo. A profesora de Filosofía e Antropoloxía, Eva Garea, impartirá unha charla sobre as relacións de parentesco e a fundamentación do núcleo familiar dende diferentes óptica

A Concelleira de Benestar Social, Aurora Varela, fixo unha invitación a todos os veciños para que se acheguen o próximo venres ata o recinto feiral, onde "poderán participar dun ameno discurso que percorrerá a historia das relacións de parentesco en Galicia, dende a familia extensa que durante anos foi núcleo fundamental no noso país ata o novo concepto de familia nun entorno máis industrializado".

Os convidados que asistan a esta charla poderán gozar dun viño galego ao remate desta. Tamén dende o Centro de Información á Muller está previsto iniciar o vindeiro día 22 deste mes de maio un curso de cociña para homes. Os 15 participantes poderán descubrir de man de expertos os segredos culinarios para a elaboración de diferentes e exquisitos pratos.

Aurora Varela aproveitou para facer pública unha nova actividade dentro do programa de dinamización das parroquias que se vén desenvolvendo dende o pasado ano; nesta ocasión está prevista a organización dunha viaxe para a xente maior do rural ao acuario da cidade da Coruña; terá lugar este venres día 15; a saída está prevista para as tres da tarde ao carón do Recinto Feiral.

Sociedade