O cine como referente para a implicación da sociedade

O cine como referente para a implicación da sociedade

30 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A mostra “Cinema e sociedade” arrincou  hoxe co obxectivo de chegar á xente e afectados por todas as problemáticas que está a sufrir a nosa sociedade (violencia de xénero, drogas, desastres ecolóxicos, incendios, guerras…) utilizando o cine e o seu tratamento social para analizar as mesmas desde diferentes enfoques e perspectivas. Proxectaranse unha selección de películas que teñan como fin principal o tratamento da problem&aacu

A iniciativa comezou ás dez da mañá no Campus da Universidade de Ferrol cunha mesa redonda sobre a “ inmigración en pateras” e o pase do filme “ Retorno a Hansala”. Segundo o Director da mostra e Presidente da “Asociación Conxeito”, Luis Calvo, a idea xurde para ter un referente do mundo da imaxe e buscar a implicación social.

 As xornadas retómanse esta tarde ás sete no Ateneo ferrolán coa inauguración da mostra “Cines na comarca de Ferrol”. Media hora máis tarde presentarase a película “ El club de la calceta” polo seu director Antón Dobao.

O vindeiro luns comezan tres días dun ciclo adicado a directores galegos. Ese día o Campus da Universidade ferrolá volve acoller distintas actividades. Será ás dez da mañá coa mesa redonda titulada “Muller e igualdade” e o pase de “ En tierra de Hombres”. Xa pola tarde os actos celebraranse no Teatro Jofre  a partir das sete da tarde coa proxección das curtas “1848- 2002” de Belén Chamorro e Juan Lesta e “Cores” de Jairo Iglesias. Tamén estrearase a curta “Elexidos” de Chema Gagino. Manuel Abad pechará os actos do luns coa proxección da súa longa “Flores tristes”.

O programa previsto para o martes 3 de novembro, ás dez da mañá, inclúe unha charla sobre a “Mocedade e sexualidade” e visionarase o filme de Jason Reitman “Juno”. Esa tarde presentaranse dúas longametraxes “El año de la garrapata” de Jorge Coira e “Dame algo” de Héctor Carré. Nestes coloquios intervirá un profisional do medio da comunicación, un profesor/a da Universidade de Ferrol- A Coruña como ponente, unha persoa implicada no tema do día e o director do filme proxectado.

As xornadas rematan o mércores 4 de novembro cun debate pola mañá arredor da “Violencia de xénero” e a proxección do filme “Sólo Mís” de Javier Balaguer. O Teatro Jofre será a sé das últimas actividades coa película de Manane Rodríguez “Un cuento para Olivia” ás seis da tarde. O acto de clausura das xornadas terá lugar ás oito do serán presentado por Antía Díaz e a actuación de Marcos Mella e Alvarito. Como broche de ouro entregarase unha mención especial á Asociación de Directores e Creadores Galegos.

Cultura