O cinema, a xuventude e o futuro, temáticas do ciclo Outono de Cine

O cinema, a xuventude e o futuro, temáticas do ciclo Outono de Cine

06 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

El Crepúsculo de los Dioses de Billy Wilder inaugura mañá unha nova edición do ciclo Outono de Cine que remata o 17 de decembro. Dirixido por Rubén Coca e Pablo Portero o Ciclo aposta por un cine de calidade e alternativo ao que se exhibe nas salas comerciais. Comezan así, cinco semanas de cine en Ferrol. O mes de outubro, as películas xiran arredor do mundo do cine con películas como El crepúsculo de los dioses, Ed Wood e F for Fake.

"Outono de cine" retómase mañá mércores con "El crepúsculo de los dioses", un drama que no ano 1950 fíxose con tres Oscar ó mellor argumento e guión, mellor dirección artística en branco e negro e mellor banda sonora de película dramática. O seu protagonista é Joe Gillis, un escritor mozo que, acosado polos seus acreedores, refúxiase por casualidade na Mansion da antiga estrela do cine mudo Norma Desmond. A partir dese intre comeza unha das máis grandes loitas interpretativas do cine universal.

Antes do seu pase proxectarase "Perla", un documental dirixido por Carlos Alberto Alonso Iglesias que se presenta como unha homenaxe aos cines de barrio e unha denuncia da súa desaparición. Fai referenza ás nove salas de cine que nos anos 50 funcionaban no concello de Fene e á única que sobreviviu en 1955: o Cine Perla.

Da temática do cine en outubro, "O novembro xuventude" incluirá unha escolma de películas vencelladas a esta etapa da vida. Pasaranse traballlos recentes de gran éxito como "Juno" ou "Rebeldes". Este apartado adicado á xuventude comeza cunha película de Rubén Coca "Princesa Alegría". B

Baixo o epígrafe o "decembro futuro" incluiranse títulos como "2001: unha Odisea en el espacio", "Gattaca" ou "Farenheit 451".
 
As proxeccións terán lugar sempre os mércores ás oito e media da tarde, nas salas Duplex de Esteiro. Os pases serán totalmente gratuítos e en versión orixinal e subtitulada.Todos as longametraxe irán precedidas dunha curta en galego, para potenciar e dar a coñecer os traballos de cineastas galegos que atopan neste ciclo unha oportunidade para exhibir as súas Produccións.

Cultura