ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un proxecto de investigación que nace dentro do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade da Coruña.

Nesta conversa con Roberto Bao e Armand Hernández, investigadores do Grupo de Investigación en Cambio Ambiental (GRICA) do Centro, que lideran o proxecto, coñeceremos esta investigación que estuda, a través da paleoclimatoloxía, a variabilidade climática dos últimos centos de miles de anos e a súa repercusión sobre a dinámica dos ecosistemas.
O estudo “O balanceo climático Mediterráneo–Atlántico: estudo da súa incidencia nos lagos de montaña do NO da Península Ibérica desde unha perspectiva paleoambiental” é un proxecto científico de paleoclimatoloxía e paleoambiente que investiga como cambiaron as condicións climáticas entre as influencias mediterráneas e atlánticas ao longo do tempo, e como estes cambios quedan rexistrados nos lagos de montaña do noroeste da Península Ibérica.
Entender estes cambios pasados axuda aos climatólogos a interpretar a variabilidade climática natural fronte aos cambios inducidos polo actual quecemento global.
Publica o teu comentario agora