O club Bolboreta queixase da suspensión do festival de fin de curso

O club Bolboreta queixase da suspensión do festival de fin de curso

22 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A falta de previsión do Concello obriga a suspender o festival de fin de curso do Club de patinaxe Bolboreta. Un mal entendido ou a falta de coordinación entre o concelleiro de deportes e o departamento técnico que leva a concellería provocou un enfrontamento polo uso das instalacións do pavillón de deportes de Chapela. O club Bolboreta tiña solicitado no concello o uso das instalacións deportivas para a tarde do venres día 5 de xuño, sen

A presidenta do club, Raquel González afirma que a pesar de tentar chegar a un acordo para repartir o tempo de uso das instalacións algúns pais puxéronse moi agresivos e chegaron a insultar e ameazar con boicotear o festival do club, o que os levou a suspender a exhibición “sobre todo pensando na seguridade dos 300 patinadores que ían participar”.

Raquel González lamenta que unha actividades de lecer e que debería resultar moi gratificante para os rapaces tivese que ser suspendida. Iso si, está pensando xa no futuro e lembra que está aberto o prazo de inscrición para o vindeiro curso. A día de hoxe son 60 patinadores, maioritariamente mulleres, de idades comprendidas entre os 4 e os  18 anos. Os interesados en ter máis información sobre a actividades ou reservar praza para o vindeiro curso poden facelo no teléfono 655965953.

Deportes