O Club de Tenis Vilalbés comezará a tempada intentando emular un exitoso 2008

O Club de Tenis Vilalbés comezará a tempada intentando emular un exitoso 2008

10 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Club de Tenis Vilalbés fixo balance da tempada 2008 unha vez que comezou a 2009 o pasado domingo. Aos éxitos deportivos, coroados pola consecución do Campionato Galego por Equipos na 4ª categoría, por primeira vez na súa historia, hai que sumar os institucionais. O apoio a esta asociación foi a mellor mostra do seu éxito, xa que creceu o número de socios e a súa escola dep

Os logros do Vilalbés teñen unha fotografía que destaca sobre as demais. A instantánea do equipo absoluto proclamándose, por primeira vez nos seus 16 anos de historia, Campión Galego por equipos absolutos de 4ª categoría, co consecuente ascenso a 3ª división. Hai 13 anos xa se lograra ocupar un lugar na categoría de bronce, pero o fixo como semifinalista e descendendo de novo de categoría á tempada seguinte.

A nivel individual hai que facer mención a Jairo Fernández, cos seus 2 subcampionatos en senllas probas do Circuíto Rexional TTK e a súa clasificación para participar no Master Gallego TTK como número 8. Este papel valeulle o seu nomeamento como 2º mellor xogador provincial absoluto pola Federación Galega.

Outro dos méritos a nivel lucense foi o terceiro posto do equipo infantil no Galego por equipos. Ademais, a 5ª proba das 9 que compoñen o circuíto TTK, o máis importante alevín, infantil e cadete a nivel galego e 3º a nivel nacional, foi orgnizada polo C.T. Vilalbés, obtendo a consideración de "mellor organización dun torneo pertencente ao circuíto".

Todos estes froitos desembocaron no seu recoñecemento como un dos mellores o club máis punteiro da provincia de Lugo en 2008, gracias ao Premio ao mellor Club da Provincia.

A tempada de 2009 terá, a nivel organizativo, unha cita importante para o C.T. Vilalbés. O club chairego será a sede do Campionato Galego Cadete, que terá lugar a finais de xuño e xullo.

O ano 2009 comezou como rematou o anterior, con triunfo, xa que Jairo Fernández se proclamou Campión no Open de Marineda (A Coruña). O equipo infantil suma 2 vitorias, ambas por 5-0 fronte ao Club de Campo de Ferrol e ao Fluvial de Lugo no Campionato Galego por equipos, e unha derrota por 3 -2 fronte ao Casino Ferrolano. O obxectivo do Equipo A Absoluto será quedar 2º de grupo para asegurar a permanencia e así non disputar as eliminatorias de descenso.

Deportes