O Club Náutico de Ribadeo comeza a XXI Semana Naútica

O Club Náutico de Ribadeo comeza a XXI Semana Naútica

03 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Estes días arrinca a XXI Semana Náutica Ría de Ribadeo que organiza o Club Náutico da localidade e na que haberá regatas, cursos, un open de pesca na modalidade de embarcación fondeada e a terceira festa do socio. O 13 de agosto ademais o restaurador Pepe Santiago elaborará unha paella con produtos do mar para 1000 persoas.

Entre tódolos actos preparados o sábado 6 de agosto ás 10 da mañá terá lugar o curso de montaxe de aparellos que vai impartir o campión do mundo Miguel Suárez, con inscripción gratuita. O domingo será o open de pesca na  modalidade de embarcación fondeada. O responsable da sección de pesca do CNR, Ramón Pérez explicaba que se vai desenvolver entre as 8 e 12 da mañá saíndo do porto de Porcillán. Terá como escenario o tramo comprendido entre Illa Pancha e Rinlo. Para participar neste open xa hai máis de 40 inscritos, dos que 28 chegarán procedentes de Santander, País Vasco, Asturias e Ribadeo.

La Semana Náutica acollerá numerosas regatas ó longo de todos estes días, “nos que se alternarán os botes de vela e os cruceiros”, tal y como explicaba Pedro Peña, o vicepresidente do Club Náutico de Ribadeo. O sábado 6 de agosto ás 12 está prevista una regata de vela lixeira, o domingo 7 será a III Regata de Cruceiros Nova Caixa Galicia. O lunes 8 de agosto desenvolverase o XIV Trofeo Nova Caixa Galicia de botes a vela. El 9 de agosto será a regata de cruceiros III Trofeo Illa Pancha.  O 10 de agosto disputarase o XIII Trofeo Paradores de botes a vela. O 11 de agosto será a regata de botes de vela XIII Diputación Provincial de Lugo. Para o 12 de agosto está previsto o III Trofeo Semana Náutica de Cruceiros. Non remata aquí, senón que o 13 de agosto será a II Copa Manolo Parga e o domingo 14 de agosto a IV Travesía a Tapia de cruceiros, que na pasada edición tivo a participación de 17 barcos. O 15 de agosto celebrarase o II Trofeo de Cruceiros ACISA/CCA e ás 20:30 horas procederase á entrega de premios da XXI Semana Náutica Ría de Ribadeo.

Outro día importante será o adicado ós socios o sábado 13 de agosto, xornada na que o restaurador Pepe Santiago elaborará unha paella con producos do mar e racións para 1.000 persoas. Santiago aseguró que “todos os que desexen ver cómo se cociña a paella poderán acercarse ás inmediacións do CNR a partir das 20 horas”.

Pola súa bnada, o presidente do Club Náutico de Ribadeo, Mario Coto, destacou que “o cartel da XXI Semana Náutica foi elaborado polo deseñador e debuxante ribadense Chenchu López”. Coto también fixo fincapé na xornada de salvamento e seguridade que se celebrará o 10 de agosto a partir das 10 da mañá e na que se abordarán cuestións “como a utilización e disparo dunha balsa salvavidas, cómo se emite unha sinal de auxilio con unha bengala ou cómo se deben utilizar os chalecos salvavidas”.

Sociedade