O clube de leitura bota a andar

O clube de leitura bota a andar
22 de Novembro, 2022 - 12:23 h. | Publicada por Radio Fene

O clube de leitura da biblioteca de Fene bota a andar mañá mércores cunha sesión sobre a triloxía “Misterios de Ferrolterra”. Oito persoas tomarán parte nesta sesión inicial que contará coa presenza do autor, Rober H.L. Cagiao. Os libros abordan tres historias -“Los desahuciados”, “En llamas” e “Exorcismo en Ferrolterra”- nas que “os crimes asolan Ferrolterra. E o grupo policial da Avenida de Vigo, integrado polo inspector Lume,o axente Chanteiro, a tenente Vilar e o comisario Mandioca, xunto cos integrantes do equipo de Paola Gómez serán os encargados de investigalos”.

Fotografía Xan Xe

Continúa aberto o prazo de inscrición para este club de lectura dirixido a público adulto e para o que aínda queda algunha praza dispoñible. As inscricións realízanse na propia biblioteca, presencialmente ou por teléfono. Para participar, unicamente cómpre ter interese pola lectura xa que as persoas que formen parte do club deberán ler ao mesmo tempo a obra proposta, a soas nas súas casas, reuníndose logo para comentar o que leron. A biblioteca proporcionará un exemplar a cada membro do club, previamente inscrito que, no caso da sesión prevista para o vindeiro 14 de decembro será “Final feliz”, de Xavier Queipo. O Club de Lectura da Biblioteca de Fene terá carácter mensual, realizándose as xuntanzas un mércores ao mes en horario de tarde, de 18.00 a 19.30 horas.

 

Na imaxe Libraría Berbiriana da Coruña. Acto de presentación do podcast Lobos doentes. 1 de outubro de 2022

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora