ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Coa presentación dos poemarios “Mariñanas” e “Cantigas da lembranza”, de Don Xosé María Pérez Parallé, comezarán o vindeiro venres, 20 de novembro, as xornadas culturais organizadas co gallo da entrega do XXII Premio de Poesía Pérez Parallé, convocado polo CMI de Fene. Un ano máis as actividades repártense en dúas xornadas.
O primeiro día presentaranse as obras “Mariñanas” e “Cantigas da lembranza”, ambas as dúas editadas pola Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos, baixo a coordenación do profesor Xesús Torres.
Nunha entrevista en Radiofusión, o estudoso asegurou que “Mariñanas” é, en realidade, “unha reedición facsimilar dun poemario publicado no ano 1961 co que Pérez Parallé conseguiu un accesit nos Xogos Florais de Betanzos do ano anterior”. Aproveitando o centenario do nacemento do Segrel do Penedo, a Asociación Cultural Eira Vella decidiu recuperar esta obra “que estaba un pouco esquecida”.
Con respecto a “Cantigas da Lembranza”, Xesús Torres explicou que se trata dun poema longo co que sí gañou Pérez Parallé “a flor natural” nos Xogos de Betanzos.
Ademais da presentación dos poemarios de D. Xosé María Pérez Parallé, na primeira das xornadas culturais organizadas este ano polo Círculo Mercantil de Fene haberá tamén unha actuación da Rondalla Estrelecer. O segundo día, o sábado 21, celebrarase o acto de entrega do XXII premio de poesía “Pérez Parallé”. Ao remate está prevista unha actuación do grupo folk Son+D2.