O cocho Valentín pesaba 200 quilogramos

O cocho Valentín pesaba 200 quilogramos

28 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Máis de cincocentas de persoas, entre veciñanza, organizadores e colaboradores participaron este domingo na XIV Matanza Tradicional do Porco que se celebrou ao pé do Santuario “Nosa Señora do Corpiño” na parroquia lalinense de Losón, un entorno propicio e acolledor pese a que a climatoloxía non acompañaba. Nesta ocasión o porco que foi sacrificado, “Valentín”, foi adquirido hai dous anos polo Concello e protag

O alcalde de Lalín, José Crespo, que seguiu desde primeira hora o evento cualificaba de “gran éxito esta edición da Matanza grazas ao traballo realizado polos veciños”, aos que lle agradeceu o seu enorme traballo tanto na realización da Matanza, como dunha mostra etnográfica que fixeron ou na elaboración da multitude e diversidade de postres tradicionais (filloas, orellas, flores, leite frito, rosquillas, etc.), en definitiva, que se ocuparon de que todo estivese a punto para un día tan especial para a parroquia. Tamén estiveron os concelleiros de Turismo, José Antonio Rodríguez; Eva González Brea, edila responsable de zona; Román Rodríguez e Manuel Fernández.

Os diversos eventos que conforman esta recreación etnográfica e cultural da matanza do cocho desenvolvéronse en dúas carpas de grandes dimensións -unha na propia praza e outra enfronte do palco da música- así como nunha das construcións anexas á propia praza, que acolleu unha mostra etnográfica coa recreación de diversas tradicións como o proceso de elaboración dos chourizos e de postres tradicionais, o salgado da carne, o traballo nunha notaría antiga, o mobiliario que acollían as casas de vello, a elaboración de “morcillas”, o mazado do leite, o escarochado do millo ou o fiado da la.

Manuel Blanco, un dos instauradores da Matanza Tradicional do Porco dentro dos actos da Feira do Cocido, e o periodista Manuel Vilariño, foron comentando ao longo de toda a xornada, que deu comezo sobre as 11.30 horas e rematou en torno ás 14.00 horas, o significado desta tradición tan asentada nestas terras de Lalín e narrando as distintas labouras que xiran en torno dela para goce das persoas asistentes: matanza, chamoscado, partido, lavado de tripas, feitura dos chourizos, salgado da carne, realización de postres típicos como flores, filloas ou rosquillas, entre outras.

Os veciños do Corpiño foron preparando e repartindo desde primeira hora entre os asistentes, ao tempo que se desenvolvían as tarefas da Matanza Tradicional produtos derivados do porco asados nas grellas instaladas na propia praza -xa que este ano non houbo xantar posterior á Matanza-. Ademais das viandas do porco tamén se repartiron postres tradicionais que foron elaborando na parroquia nas horas previas ao evento, que antecede nunha semana á celebración do día grande da XLV Feira do Cocido de Lalín, o  domingo, 3 de febreiro, que terá como pregoeira a periodista e presentadora do programa de máxima audiencia “Espejo Público”, Susanna Griso.

Sociedade