ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Millón e medio de euros custa o contrato de axuda no fogar en Fene. O custe por hora é de 21 euros, pero a Xunta non cubre a totalidade do gasto. O desfase págano o Concello e as persoas usuarias. O concelleiro de Benestar, Manuel Polo, e a coordinadora do departamento de Benestar e Igualdade, Pilar Couce, falaron da axuda no fogar en Radio Fene.

O Concello de Fene asumiu no último exercicio máis de 300.000 euros do custe do Servizo de Axuda no Fogar, máis o custe de persoal e medios municipais que dedica a atender ás persoas que precisan desa atención. Aínda que a situación vai mellorar co acordo que acadou coa Fegamp aínda cargarán as arcas do Concello co déficit porque coa suba acordada este ano a Xunta só vai pagar 16 euros/hora. O resto terán que poñelo o Concello e os usuarios.
O financiamento é un lastre para a economía municipal e o peor do caso é que co modelo actual “non damos calidade, porque é un modelo que precariza o traballo do persoal o que xenera un exceso de rotación das persoas, a maioría mulleres, que atenden aos usuarios”. E iso “vai en detrimento da calidade da atención”. Son declaracións do concelleiro de Benestar, Manuel Polo, quen avoga por un cambio de modelo máis sensible coas necesidades das persoas.
Publica o teu comentario agora