O colexio de San Valentín examina a denuncia da nai dunha alumna

O colexio de San Valentín examina a denuncia da nai dunha alumna

29 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Consello Escolar do Colexio Público Integrado A Xunqueira de San Valentin en Fene (A Coruña) reúnese esta tarde para examinar os sucesos acaecidos no centro o pasado 23 de marzo. A nai dunha alumna do centro denuncia que a súa filla sofreu unha agresión por parte doutro alumnos do colexio. Aporta un parte médico do Hospital Juan Cardona de Ferrol. O colexio abriu un expediente en torno ao suceso e está previsto que esta tarde adopte unha resolución.

Esta tarde coñeceráse o resultado do expediente aberto a un alumno do colexio A Xunqueira de San Valentín por parte do consello escolar. Falamos dunha agresión a outra alumna do centro, de 1º da ESO Unha nena de 13 anos que sofríu a rotura de dous dentes, do corrector dental e o corte nun labio, contusion no nariz e diversas contracturas, segundo o parte médico. A agresión produciuse o pasado 23 de marzo cando a nena se dirixía ao autobús escolar. Ao parecer o alumno agresor ten 15 anos. O director do centro recoñeceu a agresión por parte deste alumno. A nai da nena amosouse indignada tanto pola agresión como polo acontecido despois. Puxo a oportuna denuncia na Garda Civil e dende o Hospital Juan Cardona, onde foi atendida a alumna, puxeron o suceso en coñecemento da Fiscalía do Menor. A nai da rapaza asegura que a alumna agredida sofre acoso por parte deste compañeiro dende principio de curso, con insultos e patadas.

Sociedade