O comercio contento

O comercio contento
12 de Marzo, 2021 - 09:26 h. | Publicada por Radio Fene

O número 5822 foi o agraciado no sorteo da cesta con produtos valorados en 500€ que se sorteou onte á noite, no marco do Outlet celebrado en Fene a pasada fin de semana.

ESCOITA O PODCAST:

Quizás o sábado fose o mellor día pero o Outlet de Fene gozou de moito público toda a fin de semana, en palabras da concelleira de Promoción Económica, Ana Basoa. Probablemente, valora a edil socialista, que se abrirán os perímetros municipais axudara a que xente doutros concellos se achegara a Fene a facer compras. Que aumentase o número de comercios participantes xa foi un aspecto moi positivo. A decoración con globos ás portas dos locais valorouse moi positivamente o mesmo que a música animando as rúas.

O número 5822 foi o agraciado no sorteo da cesta con produtos valorados en 500€ que se realizou onte ás 21h no salón de plenos da casa do concello, coa presencia dunha representación dos comerciantes e a propia Ana Basoa. A persoa que teña ese número ten que recoller o premio na propia casa do concello de Fene. Todo o sector queda animado para participar no próximo Outlet que, se todo marcha ben, podería celebrarse no mes de setembro, ao remate da campaña de verán. Por outro lado, Basoa anunciou que os 19 comercios que quedaran fora das axudas por falta de crédito, van percibir as axudas. Vanse tramitar todas xuntas.

Institucional

Publica o teu comentario agora