ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O comercio local de Fene traballa arreo nestes últimos días de rebaixas. Preparando a nova tempada e, tamén, cos preparativos do Outlet que se vai celebrar na primeira fin de semana do mes de setembro. Do venres 2 ao domingo 4. No Outlet participarán numerosos establecementos con ofertas tan atractivas como as que prepara Más Sport. Un veterano negocio fenés, imprescindible para as cada vez máis numerosas persoas que practican algún deporte.
Este ano presentarán no Outlet roupa deportiva, pero tamén calzado e accesorios. Teñen previsto ofrecer descontos de ata o 50% e, por se fora pouco, unha serie de artigos seleccionados que porán á venda a 10, 15 ou 20 euros. Malia as negativas repercusións que sofre o sector pola carestía de prezos e a inflación, a titular de Más Sport, Marta Peña, destaca a vitalidade do comercio local de Fene. E defende, tamén, a importancia de iniciativas como o Outlet para a dinamización do comercio de proximidade. Organiza o Concello de Fene coa colaboración da asociación de comerciantes O Cruceiro. Quen aproveite o Outlet para achegarse a Más Sport vai ter a oportunidade de facerse con algunha ganga, mesmo para o vindeiro curso escolar, e, ademais, poderá descubrir na tenda un avance para a nova temporada, na que, segundo nos anuncian, primarán as cores granate e rosa na roupa deportiva feminina.
Publica o teu comentario agora