O comercio local é vital

O comercio local é vital
24 de Novembro, 2021 - 10:58 h. | Publicada por Radio Fene

A compra de proximidade compénsanos a toda a cidadanía. É que o comercio local é vital. Mercar preto é máis ecolóxico. Co medre das compras nos xigantes dixitais, pérdese a vida de barrio. Ti decides se mantemos a cor e o calor do pequeno comercio. A asociación O Cruceiro de Fene lanzou a semana do black friday. Ofrecen promocións ata o venres desta semana. 

ESCOITA O PODCAST:
Marta Peña, de Más Sport

Calzado, roupa e complemento. Algúns produtos superan o desconto do vinte por cento, segundo Marta Peña de Más Sport. Nas datas nas que nos atopamos, moita xente aproveita para mercar xa os agasallos de Nadal. Nunha grande superficie tes que atenderte ti a ti mesmo. No pequeno comercio ofrécese asesoramento personalizado e trato directo. 
Vintedous establecementos da localidade participan na actividade organizada pola asociación de comercio O Cruceiro coa colaboración do Concello de Fene e da Deputación da Coruña. Merca en Fene. Todo queda na casa.Participan Jomer, Mas Sport, Mismores, Calzados Locay, Complementos Lidia, Dama e Un Pedacito de mi. Tamén fan ofertas El baúl de Bego, Mayka Moda, Costuras, Koralli, Kenia, Bodegas Barral e Bualá. Participan nas promocións Berline, Loly Calvo, San Ros, Comasa, Pachú, Dulzia Fene, Öpticas Noroeste e O Son de Cociña. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora