O comercio local aporta valor

O comercio local aporta valor
30 de Agosto, 2021 - 10:59 h. | Publicada por Radio Fene

Un novo outlet chega a Fene a vindeira fin de semana. Vinte comercios da localidade participan neste evento con grandes descontos e promocións. Organiza a asociación O Cruceiro coa colaboración do Concello de Fene.

ESCOITA O PODCAST:
Juan Ramos, Ana Basoa, Juventino Trigo e Marta Antón

Nos establecementos participantes ofreceránse grandes descontos e rifas por vales de compra por importe global de 1.000 euros, venres e sábado durante todo o día e domingo pola mañá. Participan Lencería Loly Calvo, Mismores, Academia Emee, El baúl de Bego, Mas Sport, Kenia, Moda Lidia, Koralli, Un pedacito de mi e Dama. Tamén están Berline boutique, San Ros, Rotul, Bualá, Calzados Locay, Jomer, Costuras, Mayka, Perla e Dulzia Fene.

Son establecementos que dan vida a Fene, persoalidade ás rúas, as convirten en zonas transitadas e máis seguras. Xeneran riqueza económica e crean postos de traballo na comarca. Cos seus impostos contribuen á mellora dos servizos públicos municipais. Mercar no comercio local axuda a facer que Fene sexa unha localidade dinámica e con futuro. Os comerciantes ofrecen un trato persoalizado e a tranquilidade de ser atendidos por auténticos especialistas que te aconsellarán e te resolverán calquera tipo de dúbida. Coa ampla oferta existente podes encontrar todo o que necesites. Non perdes tempo e cartos en desprazamentos e apostas por un mundo en rede e máis sostible.

Sociedade

Publica o teu comentario agora