ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As vendas do comercio minorista aumentaron un 1,2% en Galicia durante o pasado mes de marzo, o que a sitúa como a terceira comunidade na que menos creceron nese período respecto ao mesmo mes do ano pasado, segundo se desprende dos Índices de Comercio polo miúdo (ICM) publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Por debaixo de Galicia situáronse Extremadura, cun aumento das vendas do 0,4% e o País Vasco, onde se reduciron un 0,3%. No conxunto do estado, as vendas do comercio minorista aumentaron un 3,7% en marzo respecto ao mesmo mes de 2014. Os maiores repuntes rexistráronse en Baleares (+7,6%) e Canarias e Cantabria (+5,6%).