O comercio que se reinventa cada día

O comercio que se reinventa cada día

06 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O comercio ten que reinventarse dia a dia, afirmou o concelleiro de Promoción Económica de Ferrol Ramón Veloso no acto de inauguración da feira outlet que esta fin de semana abre no polideportivo de Santa Icía en Narón. O alcalde Xosé Manuel Blanco salientou o valor do traballo en conxunto e aproveitou o acto para facer votos pola anulación do veto a Astano para a construcción naval civil.

Tanto a presidenta de Aecofe Ana Armada, como a concelleira de Promoción Económica de Narón Angeles Díaz Pardo, destacaron o esforzo e o teson da organización para lograr un entorno acolledor para comerciantes e visitantes no polideportivo Campo da Serra. Lográronse reunir 29 tendas de calidade e prestixio que ofrecerán a oportunidade de lograr produtos de marca a prezos máis baixos do habitual. O outlet abre no polideportivo de Santa Icía en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 21. A entrada é libre.

Sociedade