ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A ONG Amarante celebra este xoves en Redondela unha serie de actividades encamiñadas a sensibilizar á poboación na necesidade de desenvolver políticas de consumo responsable e comercio xusto. Baixo o título “Da a cara polo planeta” proxectarase ás 20:00 horas na Casa da Cultura a película China blue, un documental a través do cal o espectador ach&eacut
A continuación falará a directora da ONG e coordinadora da Campaña “Roupa limpa” en España, Fernanda Couñago. Unha campaña que está encamiñada a procurar e garantir condicións dignas para as persoas que traballan na cadea de producción do téxtil. A programación rematará cunha degustación de produtos de comercio xuto da ONG.
A actividade está organizada pola concellería de servizos sociais e igualdade en colaboración coa concellería de medio ambiente.
Amarante é unha Organización Galega de Cooperación para o Ecodesenvolvemento, centrando o seu debate na corrente que aposta por ser un freo ós abusos do poder político e as desigualdades xeradas desde o poder económico. Entenden fundamental nese camiño a recuperación dos movementos sociais na transformación política e a participación da sociedade civil nos asuntos públicos.