O comité de Alcoa cre que a resistencia deu froitos

O comité de Alcoa cre que a resistencia deu froitos
28 de Novembro, 2018 - 12:14 h. | Publicada por Radio Culleredo

Non hai motivos para o peche, afirma o comité de empresa de Alcoa. Os empregados confían en demostrar ese extremo nas negociacións abertas coa multinacional norteamericana sobre o futuro das plantas da Coruña e Avilés.

Alcoa non se pecha, reza a pancarta colgada do Concello da Coruña

Alcoa dase ata o quince de xaneiro para decidir qué facer co Expediente de Regulación de Emprego extintivo para setecentas persoas. Mantén que escoitará e valorará propostas de compra das plantas da Coruña e Avilés pero non ten ofertas. O Ministerio de Industria afirma que mantén contactos con empresarios interesados. A seguinte reunión será o vindeiro martes catro de decembro en Madrid.

Tras constituírse a mesa negociadora, o comité da Coruña insiste en que o importante é que “a resistencia deu froitos”, en alusión ás súas mobilizacións e denuncias, e engade que agora toca "buscar a continuidade das fábricas e manter o emprego", en alusión aos case 700 empregos en perigo entre a planta coruñesa e a de Avilés.

Seguro que che interesa
Sociedade

Publica o teu comentario agora