O comité de La Voz de Galicia quere negociar un novo convenio colectivo

O comité de La Voz de Galicia quere negociar un novo convenio colectivo

11 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O comité de empresa de La Voz de Galicia mantivo dias atrás unha reunión con representantes da CIG, CCOO, UXT e o Sindicato de Xornalistas para analisar as relacións laborais e a situación do convenio colectivo, cuxa vixencia rematou en decembro do 2008 e que se atopa denunciado polos representantes dos traballadores. Anteriormente, a semana pasada, a comisión paritaria mantivo outra xuntanza na que a dirección presentou unha batería de recortes

O comité insistiu na urxencia de negociar un novo convenio colectivo que afectaría aos 430 traballadores do xornal. Na actualidade está en vigor un acordo económico asinado en outubro do 2009 e con vixencia de 2 anos. O plantel de La Voz aceitou daquela unha reducción do 3% do seu salario a cambio do compromiso da empresa de non aplicar ningún despido. Este pacto recibiu o respaldo do 78% do plantel coa oposición do 22% e permanece vixente ata finais do 2011. Pero todo parece indicar que os resultados económicos de La Voz no 2010 -ainda pendentes de auditoría- saldaránse con perdas o que encende as alarmas na representación laboral. A xerencia formulou xa ofertas de baixas incentivadas a empregados de máis de 55 anos, logrando a saida da empresa de 3 ou 4 traballadores.

Sociedade