ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
José Caride, xurado de empresa da Peninsular Maderera, tivo un comportamento heróico, segundo o historiador Enrique Barrera, autor do libro sobre o “Traballo e solidaridade na Pysbe e na Peninsular Madererera”. Caride representaba aos traballadores, pasaba por unha situación económica dificil, pero rexeitou en varias ocasións ofertas de soborno que lle presentou a dirección da empresa.
A empresa da madeira ocupaba os terreos onde hoxe se levanta o estadio de fútbol da Malata, en Ferrol. Adicábase á producción de portas, marcos, contrachapados e outros elementos de madeira. As condicións de traballo eran deplorabeis, e en abril de 1970 protagonizan unha folga de 37 dias que finaliza cun acordo favorable ás demandas laborais. Tanto a Peninsular Maderera como a Pysbe deron un exemplo de solidaridade entre os traballadores desas empresas, fronte ás condicións abusivas da dirección, e en contra da falla de liberdades da dictadura franquista. O secretario comarcal de Comisións Obreiras Xulio Abelleira salienta que na Pysbe traballaban maioritariamente mulleres. Conseguiron a estabilidade no emprego, segundo afirma.
Bazán, e todo Ferrolterra amosaron unha solidaridade exemplar cos traballadores da Peninsular Maderera e da Pysbe naqueles primeiros anos 70. Púxose así de manifesto na presentación do libro editado pola asociación Fuco Buxán. O acto celebrouse na tarde noite de onte na Casa da Cultura de Fene.