ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Poesía e artes plásticas camiñan xuntas en moitas obras de Ferrín, un autor que asume o seu compromiso coa sociedade e con Galiza, como un compromiso coa literatura. É unha obra discordante e disidente, en palabras do profesor Angueira quen nega o carácter marxinal que se auto atribúe o autor de “Con pólvora e magnolias”. “Foi un libro poderoso e determinante na historia da literatura galega contemporánea afirma Anxo Angueira que ven de publicar a “Poesía reunida” de Xosé Luís Mëndez Ferrin.
Ferrín abriuse á novas formas contemporáneas de facer poesía, ampliando horizontes en canto a relación entre literatura e sociedade, segundo Angueira. A figura e a obra de Méndez Ferrín son determinantes na historia da Galicia contemporánea. No caso da súa poesía achamos un río de longa e as veces accidentada singradura, especialmente por causas políticas durante a ditadura franquista. Edicións Xerais publica “Poesía reunida” de Ferrín, cun estudo introdutorio exhaustivo elaborado por Anxo Angueira.
Publica o teu comentario agora