ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Pleno da corporación municipal que se celebrado o pasado venres 13 de marzo decidiu sacar a poxa un novo lote de parcelas situadas no Parque Empresarial de Chorente. As parcelas deste novo lote terán unha superficie mínima de 1.000 m2 a un prezo de 45€/ m2 que estarán a disposición de todos aqueles empresarios/as que desexen instalarse neste polígono industrial.
Despois da publicación nos diarios e boletíns oficiais abrirase un prazo de presentación de plicas para acceder ás novas parcelas. O prego de condicións estará a disposición das empresas interesadas na secretaría do concello e tamén na páxina web allariz.com, no apartado de perfil do contratante. Tamén se ofrecerá información sobre as axudas do Programa LEADER no referente a adquisición de maquinaria.
O Parque Empresarial de Chorente ofrece, segundo responsables do consistorio, unha solución a empresarios que teñen demandado espazo para trasladar as súas instalacións a esta nova zona do parque empresarial moi ben situada xeograficamente nas inmediacións da estrada nacional 525 e da autovía A52.