O Concello de Boiro inaugura a ruta cicloturística das praias

O Concello de Boiro inaugura a ruta cicloturística das praias

03 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O vindeiro luns, 5 de xullo ás 18:30 horas inaugurarase a ruta cicloturística das praias. Esta ruta é unha das cinco que forman a rede de itinerarios cicloturísticos do Concello de Boiro. Trátase dun percorrido circular de 17 qm. dunha hora e media, con inicio e fin no peirao de Cabo de Cruz. O roteiro une as praias de Carragueiros, A Retorta e Mañóns, e ó seu paso atopamos interesantes recursos turísticos. As catro rutas restantes inauguraranse

Na inauguración estarán o Alcalde de Boiro, Xosé Deira; a Concelleira de Turismo, Francisca Suárez; o deputado, Xan Cabo, deputado da área de Asistencia e cooperación cos concellos; e María Ramos, xerente de Aresta Ingeniería, empresa encargada da execución deste traballo. Os tres últimos farán o percorrido en bicicleta. A eles tamén se unirá a concelleira de Deportes, Dores Torrado. 

A marcha está organizada por Ricardo Riveiro, presidente do Club Ciclista Barbanza; colaboran Coca- Cola e Daniel Ríos.  

Sociedade