ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fene súmase á Iniciativa Lexislativa Popular que o colectivo Rumbo 21 promove para que se levante o veto á antiga Astano e o estaleiro volva á construcción naval civil. A moción prosperou cos votos do BNG e o PP. PSOE e EU abstivéronse nunha sesión plenaria da Corporación, celebrada na tarde de onte.
O acceso da antiga Astano a todo tipo de mercados. Esa é a misión dunha Iniciativa Lexislativa Popular que ven de recibir o apoio da Corporación de Fene. A proposta contou co apoio do Bloque Nacionalista Galego e do Partido Popular. Abstivéronse o PSOE e Esquerda Unida. Como nos vellos tempos, esa moción propiciou un debate arredor de Navantia.
A abstención do PSOE explicóuna o alcalde con dous argumentos: primeiro que non se pronuncia ata que o comité de empresa do estaleiro se manifeste e segundo, que a iniciativa popular non garante que Navantia siga a ser un estaleiro público. Este segundo argumento tamén o esgrimiu EU á hora de non votar afirmativamente a iniciativa. O concelleiro do BNG, Edgar Vigo, á sua vez membro activo do colectivo Rumbo 21 explicou con vehemencia que o único que propugna esta iniciativa lexislativa popular é que se levante ao estaleiro de Fene, inxustamente castigado, o veto a construir barcos.
Defendeu Vigo que en ningún momento se define noutro aspecto e recalcou que para conseguilo se necesitará da firma e do apoio de cada un dos cidadáns, non só dos partidos políticos. O debate, que durou máis dunha hora, tivo miga ata o punto de que o edil nacionalista reprochóu ao alcalde, Iván Puentes, que sexa él o alcalde de Fene, precisamente do concello onde está o estaleiro, o único alcalde socialista que non vote a favor de que Astano volva a traballar.
O portavoz do PP reprochou ao alcalde que agora se guie polo que diga o comité de empresa e os traballadores cando nas reconversións, o PSOE non os escoitou. Ao fín a moción prosperou cos votos do BNG e do PP, e coa abstención do PSOE e EU.