O Concello de Fene entrega á Xunta a parcela para construír as vivendas sociais

O Concello de Fene entrega á Xunta a parcela para construír as vivendas sociais

04 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene cederá ao Instituto Galego da Vivenda e do Solo a parcela ubicada no entorno do Parque Castelao para que a Xunta constrúa as 7 vivendas sociais previstas, neste lugar.  O pleno celebrado onte deixou sobre a mesa as modificacións dos plans  de obras da Deputación Provincial correspondentes ao 2007. Antes do 31 de outubro debe a corporación poñerse dacordo e licitalas para non perder as axudas. A corporación fenesa aprobou a modific

Prosperaron duas mocións do BNG, a primeira, á que se sumaron os socialistas, sobre a recollida de voluminosos. Demanda á Xunta que Sogama siga prestando o servicio e no seu defecto que ofreza unha solución viable que non supoña un incremento do servicio aos concellos epor extensión aos veciños. A isoengádese a posta en marcha do punto limpo en Vilar do Colo. Neste punto producirse aúnica tensión dialéctica do pleno entre o PP e Bloque- PSOE, acusándose mutuamente da orixe do problema. O PP acusou ao goberno bipartito mentras que os outros acusaron ao actual goberno do PP de suspender o servicio unilateralmente o pasado 1 de setembro.

Na segunda moción, os nacionalistas demandan ao Ministerio máis información eun aumento dos beneficiarios do bono social da tarifa eléctrica.

O empezo das obras no campo de futbol dos Pinares; a perda dos cursos de formación do Plan FIP; canto custou perchar o rio Cádavo en Perlio; as beirarruas de Barallobre ou a maleza baixo o viaducto da autopista en Santa Ana, foron algunhas das cuestións que preguntaron os grupos da oposición ao final do pleno correspondente ao mes de setembro.

Institucional